TRANSILVANIANS | Jamaican R&B & Rocksteady (GZ) Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60’s, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror. Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horrorreggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado. Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis ( a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.