World Music, Jazz, Reggae e moito máis. 

Eventos anteriores

13th Ska All Night WeekenDJ Special Edition

 — (CET, UTC+01) — (CET, UTC+01)

Sala Kominsky , Rúa Irmandiños 3, , Vigo

¡¡¡¡ Xa temos o cartaz da décimo terceira edición do noso querido festival !!!!!

Este ano non teremos actuacións de bandas en directo por motivos que non veñen ao caso (e non foi por non intentalo), pero teremos un novo formato de dous días con pinchadas na Sala Kominsky con fantabulosos amigos selectores que xa teñen participado noutras edicións e tamén con outros vellos amigos que participarán por primeira vez na nosa festa e non deixarán indeferente a ninguén poñendo a mellor música da época dourada da música xamaicana:

• Venres 19: - KEKA RRG (Life On Reggae Planet, Vigo) - DAVID DIZ (Secret Bridge, Ourense) - ALFONSO T17 (Torpedo 17, Segovia)

• Sábado 20: - KINO L-COBRA (@Life On Reggae Planet, Vigo)
- SEÑOR X (Black Is Soul, Vigo) - AMUNDA SELEKTAH (Irún, Euskadi)

🎟️ AFORO LIMITADO ⚠️ Entradas e abonos a venda: BAR PRINCESA- Honky Tonk Discos , Cervexaría Viraventos, e tamén no correo: skaallnightfest@gmail.com

Vémonos en Vigo o 19 e o 20 de Decembro !!!!

Compartir

SKA ALL NIGHT EXPANSIVE : Les Testarudes @ Sala Supersonic (Vigo)

Sala Supersonic , Rúa Fermín Penzol 6 , Vigo

Os 💥𝙎𝙠𝙖 𝘼𝙡𝙡 𝙉𝙞𝙜𝙝𝙩 𝙀𝙭𝙥𝙖𝙣𝙨𝙞𝙫𝙚💥 xa están aquí, e traemos por primeira vez a Galiza a esta super banda catalana de Ska, Rocksteady & Reggae presentando o seu novo traballo "𝓛𝓪 𝓟𝓻𝓮𝓿𝓲𝓪". ♦️𝙇𝙚𝙨 𝙏𝙚𝙨𝙩𝙖𝙧𝙪𝙙𝙚𝙨 son nove mulleres, de entre 20 e 27 anos, que veñen de diferentes rincóns de Catalunya e que teñen como epicentro o barrio barcelonés de La Bordeta. O proxecto nace da necesidade de crear o seu propio espazo dentro de estilos tradicionalmente dominados por homes O grupo ofreceu o seu primeiro concerto en Maio do 2023 e dende entón a súa axenda de concertos non parou de medrar, ofrecendo máis dunha corentena de actuacións só en Catalunya. Cun repertorio formado por algunhas das súas cancións preferidas de artistas tanto nacionais como internacionais dentro destes xéneros, Les Testarudes queren visibilizar a imaxe da muller sobre os escenarios, así como ofrecer un espazo de aprendizaxe e coñecemento sobre as mulleres intérpretes e compositoras na cultura musical xamaicana. Ou como resumen elas mesmas, «ɴᴏᴠᴇ ᴛɪ́ᴀꜱ ᴄʜᴜʟɪ́ꜱɪᴍᴀꜱ ᴄᴏɴ ǫᴜᴇɴ ꜰᴀᴄᴇʀ ᴜɴꜱ ʙᴏꜱ ʙᴀɪʟᴏᴛᴇᴏꜱ». 📍Lembra a data; Sábado 5 de Abril en Supersonic Vigo ! 🎟️ Entradas xa a venda en Honky Tonk Discos • BAR PRINCESA • Discos Elepe • @viraventos_vigo e Musikaze.net

15/18€

Compartir

Keith & Tex son un dúo xamaicano de rocksteady e reggae cuxa música resoou a través das xeracións e segue a cativar ao público de todo o mundo. Nacidos a finais da década de 1940 en Xamaica, os dous homes comezaron a facer música xuntos a finais da década de 1960, e rapidamente alcanzaron a fama con éxitos como "Stop That Train" e "Tonight", que se converteron en cancións clásicas do reggae e da música xamaiquina en xeral. .

Keith Rowe, vocalista principal do grupo, creceu en Kingston (Xamaica) e estivo influenciado pola música soul e R&B estadounidense, así como pola música tradicional xamaicana. Tex Dixon, o cantante de harmonía do grupo, tamén creceu en Kingston e comparte formacións musicais e influencias similares con Keith.

O dúo fixo as súas primeiras gravacións baixo a dirección do mítico produtor Duke Reid, no seu mítico estudo Treasure Isle. O seu primeiro álbum, "Stop That Train", foi un clásico instantáneo que capturou a enerxía e o espírito da escena musical emerxente de Xamaica. Tamén gravaron para outros produtores emblemáticos como Bunny Lee, Keith Hudson e Derrick Harriott.

Despois, Keith e Tex continúan actuando e gravando xuntos, e realizando unha extensa xira por Europa, Estados Unidos, Sudamérica e Xapón. A súa música segue inspirando e animando a fans de todas as idades, mostrando a forza e o espírito da música reggae e ska xamaiquina.

Tamén presentamos o lendario Rudy Mills, un nome sinónimo dos vibrantes sons do early reggae e do rocksteady. Cunha ilustre carreira musical que abarca varias décadas, Mills atopou o seu propio camiño como músico e compositor talentoso cuxas contribucións ao xénero deixaron unha pegada duradeira (John Jones, Wholesale Love, A Place Called Hapines..) O seu inconfundible estilo vocal, combinado con ritmos contaxiosos, distíngueno como unha figura destacada no panorama reggae.

Dende as súas cativadoras cancións na década de 1960 ata a súa continua influencia no reggae moderno, a viaxe de Mills é unha celebración da innovación musical e do orgullo cultural. A súa asociación coa cultura do vinilo pódese ver a través dos seus numerosos lanzamentos que resoan tanto entre coleccionistas como entre os entusiastas da música. Prepárate para mergullarte no mundo rítmico de Rudy Mills!

Se estás a buscar unha experiencia musical única e conmovedora cunha historia e cultura que atravesa o mundo, Keith & Tex e Rudy Mills son unha opción incrible para unha noite en directo.

18/22€

Compartir

Ska All Night 2024 | Transilvanians + Cachas & Cousins

Sala Supersonic , Rúa Fermín Penzol 6 , Vigo

Xa está aquí está o cartaz da décimo segunda edición do noso pequeno festival que se celebrará o vindeiro sábado 21 de Decembro a partires das 21:00h na sala Supersonic Vigo (antiga Sala Sinatra) Transilvanians cumpren 20 anos e o festexaremos por tódolo alto xa que presentarán os seus dous novos sinxelos editados por Liquidator Music "Amar a Mares" e "Nature Boy", e contaremos como convidad@s c@s amig@s Cachas&Cousins. @s do Barbanza/Compostela nos visitan 8 anos despois da súa última visita a cidade Olívica. Unha auténtica descarga de ritmos caribeños en Vigo. Imperdible! Tralo concerto haberá pinchada na Kominsky con convidad@s de luxo como David Diz (Secret Bridge Tattoo Ourense, Ourense), Kino L-Cobra e Keka RRG (Life On Reggae Planet, Vigo). 🎟️ Entradas para os concertos: 12/15€ 🎟️ Entradas pinchada: 5€ (só en porta) Anticipadas xa a venda en: • notikumi https://www.notikumi.com/.../12th-ska-all-night... • BAR PRINCESA (Praza da Constitución, 5),
• Cervexaría Viraventos (P° de Alfonso XII, 33) e • Honky Tonk Discos (Falperra, 18) Como ven sendo habitual nas últimas edicións o deseño é de Chek Selectah 🙌

12/15€

Compartir

Ska All Night 2023 | Transilvanians + Dandy Fever

Sinattra Coctel Bar , Rúa Fermín Penzol 6, Vigo

Aquí está o cartaz da décimo primeira edición que se celebrará o vindeiro venres 22 de Decembro a partires das 21:00h no Sinattra CLUB! Contaremos co luxazo de ter ás dúas bandas galegas máis veteranas de ritmos oldies xamaiquinos. Por un lado @s amig@s Dandy Fever que veñen presentando o seu flamante novo LP "Audio Magnetic Recording Years" editado por Pantx Records, e por outro lado teremos aos reis do reggae catacumbeiro Transilvanians, facendo o clásico concerto anual na súa cidade. Do que estamos seguros e de que non pararás de mover o cú con estas pedazo bandas! Tralo concerto haberá pinchada en Molotov Club con convidad@s de luxo como Toni Face (Liquidator Music, Madrid), Bel Selektah (Engine 54, Buenos Aires) e Kino L-Cobra + Keka RRG (Life On Reggae Planet, Vigo). 🎟️ Entradas 12/15€ (Inclúen acceso a concerto e posterior pinchada) Anticipadas xa a venda en notikumi https://www.notikumi.com/.../11th-ska-all-night... BAR PRINCESA (Praza da Constitución, 5), Cervexaría Viraventos (P° de Alfonso XII, 33) e Honky Tonk Discos (Falperra, 18) Entradas só para ás pinchadas: 5€ (En porta).

Compartir

Ska All Night 2022 | Transilvanians + Jamaica Cinema

Sinatra Cóctel Bar , Rúa Fermín Penzol 6, Vigo

Tras un parón de 3 anos por causas que tod@s coñecedes, voltamos con moita ilusión e con forzas renovadas para festexar a décima edición do noso querido e pequeno festival!! Desta volta será o sábado 17 de Decembro na sala Sinatra Coctel Bar e contaremos coa presencia de Jamaica Cinema 🎞️, nova banda, pero con compoñentes curtidos en mil batallas e proxectos relacionados cos ritmos que tanto nos gustan, que veñen dende A Coruña e se adican a facer versións de temas clásicos do cine en clave xamaicana. Festa asegurada. Por outro lado Transilvanians_Oficial 🧛‍♂️🚀 por fin presentarán o seu último LP "Soulful Space" editado durante o confinamento, e volven tocar na súa cidade 3 anos despois.. veñen con moitas ganas!! Tra-lo concerto, e como é habitual, haberá pinchada en colaboración ca xente de #RubaDubCorner na Sala Kominsky e aos pratos estarán os compañeiros de Ital Roots (Vigo), David Diz (Secret Bridge, Ourense) e Kino L-Cobra (Life On Reggae Planet, Vigo), poñendo boa música ata altas horas da mañá! 🎟️ Entradas anticipadas xa disponibles en: 👉 BAR PRINCESA (Praza da Constitución 5), Honky Tonk Discos (Rúa Falperra 18) e tamén en notikumi.com

𝗔𝗙𝗢𝗥𝗢 𝗟𝗜𝗠𝗜𝗧𝗔𝗗𝗢❗

Compartir

Roy Ellis backed by The Sound Doctors

Teatro Jofre , Praza de Galicia s/n, Ferrol (A Coruña)

O sábado 26 Marzo teremos de novo en Galiza ao noso queridísimo Roy Ellis [aka Mr. Symarip] acompañado polos fabulosos The Sound Doctors Desta volta, e por primeira vez, en #Ferrol !! 👉 A partir das 20:30h no Teatro Jofre 🎟️ Entrada única: 8€ ... corre que voán! 🏃‍♀️🏃🏻‍♂️💨

Entradas xa dispoñíbeis naa taquillas do mesmo teatro e na seguinte ligazón: https://entradas.ataquilla.com/.../13548--roy-ellis-aka...

ROY ELLIS, tamén coñecido como Mr. Symarip (nome da banda na que militou dende finais dos anos 60s) é un dos nomes míticos da historia da música xamaicana. A súa importancia no xénero ten o seu punto de partida na publicación do disco “Skinhead Moonstomp” no ano 1969, aquel conxunto de cancións vendeu máis de 7.000.000 de copias ata o momento, e nunca foi descatalogado polo selo Trojan Records, vendendo máis exemplares que outro calqueira título do seu catálogo, incluindo discos de Bob Marley, Jimmy Cliff, Ken Boothe ou Desmond Dekker. súa primeira gravación data do ano 1964. En 2007 regresou aos escenarios editando dende entón 9 discos en tres continentes diferentes, sendo un dos artistas xamaicanos que máis actua en directo, incluíndo paises como Xapón, México, USA, Malasia, Colombia e por suposto por todos os cantos de Europa.

Nesta xira presenta "Almighty Ska" (Liquidator Music 2019), o seu último traballo composto por doce novas cancións cheas de ritmos reggae, rocksteady, soul e ska, acompañado dunha banda de luxo composta por 7 músicos cos que percorreu xa media Europa.

8€

Compartir

Ska All Night 2019 | Festa XV Aniversario de Transilvanians

La Fábrica de Chocolate, Rúa Rogelio Abalde 22, Vigo

Xa está aquí o Ska All Night 2019! Esta edición é moi especial para nós xa que festexamos os 15 anos sobre ás táboas de @Transilvanians cun pedazo concerto en La Fábrica de Chocolate Club cheo de sorpresas, convidad@s e antig@s compoñentes repasando cancións de tódala súa discografía. 🦇🧛‍♂️

Despóis do concerto temos pinchada na Sala Doppler Vigo. En colaboración cos amigos de Skank-Fu Hi-Fi teremos sonidos añejos xamaicanos soando no seu maravilloso sound system artesanal durante toda a noite, e nos traemos nada máis e nada menos que a Alfonso T17 (T17 Reggae Fan Club de Segovia) e Kino L-Cobra (Life On Reggae Planet). De seguro que vai ser unha noite inesquecible!!!

Compartir

1ª Bacanal Playero-Vampírica

Sinatra Coctel Bar, Rúa Fermín Penzol 6, Vigo

Primeira Bacanal Playero-Vampírica. A festa máis divertida do verán con destacados picadiscos de música viejuna da cidade: seleccionando os seus mellores vinilos en formato 7 polgadas para que ti, xoven ousado e bailongo... rompas a pista! ✓ PROFESSOR CAVERNO ✓ KINO L-COBRA ✓ JUAN DE HANGOVER TWIST ◈ CHA-CHA ◈ CALYPSO ◈ R&B ◈ GARAGE ◈ BOOGALOO ◈ BEAT ◈ ROCK'N'ROLL ◈ MAMBO ....

Entrada libre. 🎶🧛🏻‍♂️🌴🏖️⚰️ 🍸 ⚠️ Un xeado Drácula para os primeiros 50 disfrazados ou con complementos playero-vampíricos ⚠️

Compartir

Ska All Night 2018 | Transilvanians + Elephants Yard

La Fábrica de Chocolate Club, Rúa Rogelio Abalde 22, Vigo

Polo nadal chega de novo o festival SKA ALL NIGHT.

Desta volta (oitava edición) contaremos como invitados con Elephants Yard, un proxecto comunitario integrado principalmente por músicos e cantantes locales, enfocado a composición, gravación e interpretación de ritmos reggae que farán para a ocasión un set especial de clásicos do Rocksteady.

Como non, tamén actuará a banda anfitriona Transilvanians, septeto formado na cidade de Vigo no ano 2004 con centos de concertos por toda Europa. Actualmente preparan o seu terceiro disco, e de seguro ofrecerán un vibrante directo cheo de Ska vella escola, Rocksteady & Early Reggae

Entradas a venda en: - Honky Tonk Discos (Falperra 18, Vigo) - Bar Princesa (Praza da Constitución 5, Vigo)

Compartir

Transilvanians + Life On Reggae Planet Sound

Aturuxo Bar, Pazos Fontenla 59, Bueu

[Circuíto clubE Estrella Galicia]

Transilvanians

Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60's, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado.

Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Recén acabaron o novo traballo de Roy Ellis como banda de estudio, e preparan novos temas propios para editar o seu terceiro LP en 2019.

Compoñentes: Xabi "Space Duke" Vieitez & Martín V. - Piano & Hammond Javier Marcos - Voz & percusión Nestor Meizoso - Baixo Antonio "Pam-Pam" Rodríguez - Trombón, voces & percusión Pedro Fariñas - Saxo & percusión Xoaquín "L Cobra" Seoane - Batería & voces Charly "Doctor C" Varela - Guitarra

https://www.youtube.com/watch?v=E0xK91ARx08

Life On Reggae Planet Sound

Life On Reggae Planet está formado por dous fanáticos e coñecidos músicos da escena de música xamaicana estatal. Rudy King (Buenos Aires 1981) e L-Cobra (Vigo, 1975) tras una amizade lonxana e colaboracións esporádicas debido a converxer nos camiños da música poñen en activo este proxecto conxunto en 2018.

Nas súas suorosas sesións seleccionan os mellores discos da súas coleccións e tamén lle dan volta aos clásicos de Rocksteady e Reggae facendo as súas propias versións. Se tes gañas de bailar viaxa con eles ao planeta reggae!

—- Entrada: 6€ ant. / 8€ bill.

Compartir