Eventos

Eventos anteriores

Ska All Night 2023 | Transilvanians + Dandy Fever

Sinattra Coctel Bar , Rúa Fermín Penzol 6, Vigo

Aquí está o cartaz da décimo primeira edición que se celebrará o vindeiro venres 22 de Decembro a partires das 21:00h no Sinattra CLUB! Contaremos co luxazo de ter ás dúas bandas galegas máis veteranas de ritmos oldies xamaiquinos. Por un lado @s amig@s Dandy Fever que veñen presentando o seu flamante novo LP "Audio Magnetic Recording Years" editado por Pantx Records, e por outro lado teremos aos reis do reggae catacumbeiro Transilvanians, facendo o clásico concerto anual na súa cidade. Do que estamos seguros e de que non pararás de mover o cú con estas pedazo bandas! Tralo concerto haberá pinchada en Molotov Club con convidad@s de luxo como Toni Face (Liquidator Music, Madrid), Bel Selektah (Engine 54, Buenos Aires) e Kino L-Cobra + Keka RRG (Life On Reggae Planet, Vigo). 🎟️ Entradas 12/15€ (Inclúen acceso a concerto e posterior pinchada) Anticipadas xa a venda en notikumi https://www.notikumi.com/.../11th-ska-all-night... BAR PRINCESA (Praza da Constitución, 5), Cervexaría Viraventos (P° de Alfonso XII, 33) e Honky Tonk Discos (Falperra, 18) Entradas só para ás pinchadas: 5€ (En porta).

Ska All Night 2022 | Transilvanians + Jamaica Cinema

Sinatra Cóctel Bar , Rúa Fermín Penzol 6, Vigo

Tras un parón de 3 anos por causas que tod@s coñecedes, voltamos con moita ilusión e con forzas renovadas para festexar a décima edición do noso querido e pequeno festival!! Desta volta será o sábado 17 de Decembro na sala Sinatra Coctel Bar e contaremos coa presencia de Jamaica Cinema 🎞️, nova banda, pero con compoñentes curtidos en mil batallas e proxectos relacionados cos ritmos que tanto nos gustan, que veñen dende A Coruña e se adican a facer versións de temas clásicos do cine en clave xamaicana. Festa asegurada. Por outro lado Transilvanians_Oficial 🧛‍♂️🚀 por fin presentarán o seu último LP "Soulful Space" editado durante o confinamento, e volven tocar na súa cidade 3 anos despois.. veñen con moitas ganas!! Tra-lo concerto, e como é habitual, haberá pinchada en colaboración ca xente de #RubaDubCorner na Sala Kominsky e aos pratos estarán os compañeiros de Ital Roots (Vigo), David Diz (Secret Bridge, Ourense) e Kino L-Cobra (Life On Reggae Planet, Vigo), poñendo boa música ata altas horas da mañá! 🎟️ Entradas anticipadas xa disponibles en: 👉 BAR PRINCESA (Praza da Constitución 5), Honky Tonk Discos (Rúa Falperra 18) e tamén en notikumi.com

𝗔𝗙𝗢𝗥𝗢 𝗟𝗜𝗠𝗜𝗧𝗔𝗗𝗢❗

Roy Ellis backed by The Sound Doctors

Teatro Jofre , Praza de Galicia s/n, Ferrol (A Coruña)

O sábado 26 Marzo teremos de novo en Galiza ao noso queridísimo Roy Ellis [aka Mr. Symarip] acompañado polos fabulosos The Sound Doctors Desta volta, e por primeira vez, en #Ferrol !! 👉 A partir das 20:30h no Teatro Jofre 🎟️ Entrada única: 8€ ... corre que voán! 🏃‍♀️🏃🏻‍♂️💨

Entradas xa dispoñíbeis naa taquillas do mesmo teatro e na seguinte ligazón: https://entradas.ataquilla.com/.../13548--roy-ellis-aka...

ROY ELLIS, tamén coñecido como Mr. Symarip (nome da banda na que militou dende finais dos anos 60s) é un dos nomes míticos da historia da música xamaicana. A súa importancia no xénero ten o seu punto de partida na publicación do disco “Skinhead Moonstomp” no ano 1969, aquel conxunto de cancións vendeu máis de 7.000.000 de copias ata o momento, e nunca foi descatalogado polo selo Trojan Records, vendendo máis exemplares que outro calqueira título do seu catálogo, incluindo discos de Bob Marley, Jimmy Cliff, Ken Boothe ou Desmond Dekker. súa primeira gravación data do ano 1964. En 2007 regresou aos escenarios editando dende entón 9 discos en tres continentes diferentes, sendo un dos artistas xamaicanos que máis actua en directo, incluíndo paises como Xapón, México, USA, Malasia, Colombia e por suposto por todos os cantos de Europa.

Nesta xira presenta "Almighty Ska" (Liquidator Music 2019), o seu último traballo composto por doce novas cancións cheas de ritmos reggae, rocksteady, soul e ska, acompañado dunha banda de luxo composta por 7 músicos cos que percorreu xa media Europa.

8€

Ska All Night 2019 | Festa XV Aniversario de Transilvanians

La Fábrica de Chocolate, Rúa Rogelio Abalde 22, Vigo

Xa está aquí o Ska All Night 2019! Esta edición é moi especial para nós xa que festexamos os 15 anos sobre ás táboas de @Transilvanians cun pedazo concerto en La Fábrica de Chocolate Club cheo de sorpresas, convidad@s e antig@s compoñentes repasando cancións de tódala súa discografía. 🦇🧛‍♂️

Despóis do concerto temos pinchada na Sala Doppler Vigo. En colaboración cos amigos de Skank-Fu Hi-Fi teremos sonidos añejos xamaicanos soando no seu maravilloso sound system artesanal durante toda a noite, e nos traemos nada máis e nada menos que a Alfonso T17 (T17 Reggae Fan Club de Segovia) e Kino L-Cobra (Life On Reggae Planet). De seguro que vai ser unha noite inesquecible!!!

1ª Bacanal Playero-Vampírica

Sinatra Coctel Bar, Rúa Fermín Penzol 6, Vigo

Primeira Bacanal Playero-Vampírica. A festa máis divertida do verán con destacados picadiscos de música viejuna da cidade: seleccionando os seus mellores vinilos en formato 7 polgadas para que ti, xoven ousado e bailongo... rompas a pista! ✓ PROFESSOR CAVERNO ✓ KINO L-COBRA ✓ JUAN DE HANGOVER TWIST ◈ CHA-CHA ◈ CALYPSO ◈ R&B ◈ GARAGE ◈ BOOGALOO ◈ BEAT ◈ ROCK'N'ROLL ◈ MAMBO ....

Entrada libre. 🎶🧛🏻‍♂️🌴🏖️⚰️ 🍸 ⚠️ Un xeado Drácula para os primeiros 50 disfrazados ou con complementos playero-vampíricos ⚠️

Ska All Night 2018 | Transilvanians + Elephants Yard

La Fábrica de Chocolate Club, Rúa Rogelio Abalde 22, Vigo

Polo nadal chega de novo o festival SKA ALL NIGHT.

Desta volta (oitava edición) contaremos como invitados con Elephants Yard, un proxecto comunitario integrado principalmente por músicos e cantantes locales, enfocado a composición, gravación e interpretación de ritmos reggae que farán para a ocasión un set especial de clásicos do Rocksteady.

Como non, tamén actuará a banda anfitriona Transilvanians, septeto formado na cidade de Vigo no ano 2004 con centos de concertos por toda Europa. Actualmente preparan o seu terceiro disco, e de seguro ofrecerán un vibrante directo cheo de Ska vella escola, Rocksteady & Early Reggae

Entradas a venda en: - Honky Tonk Discos (Falperra 18, Vigo) - Bar Princesa (Praza da Constitución 5, Vigo)

Transilvanians + Life On Reggae Planet Sound

Aturuxo Bar, Pazos Fontenla 59, Bueu

[Circuíto clubE Estrella Galicia]

Transilvanians

Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60's, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado.

Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Recén acabaron o novo traballo de Roy Ellis como banda de estudio, e preparan novos temas propios para editar o seu terceiro LP en 2019.

Compoñentes: Xabi "Space Duke" Vieitez & Martín V. - Piano & Hammond Javier Marcos - Voz & percusión Nestor Meizoso - Baixo Antonio "Pam-Pam" Rodríguez - Trombón, voces & percusión Pedro Fariñas - Saxo & percusión Xoaquín "L Cobra" Seoane - Batería & voces Charly "Doctor C" Varela - Guitarra

https://www.youtube.com/watch?v=E0xK91ARx08

Life On Reggae Planet Sound

Life On Reggae Planet está formado por dous fanáticos e coñecidos músicos da escena de música xamaicana estatal. Rudy King (Buenos Aires 1981) e L-Cobra (Vigo, 1975) tras una amizade lonxana e colaboracións esporádicas debido a converxer nos camiños da música poñen en activo este proxecto conxunto en 2018.

Nas súas suorosas sesións seleccionan os mellores discos da súas coleccións e tamén lle dan volta aos clásicos de Rocksteady e Reggae facendo as súas propias versións. Se tes gañas de bailar viaxa con eles ao planeta reggae!

—- Entrada: 6€ ant. / 8€ bill.

The New York Ska-Jazz Ensemble

Sala Malatesta, Rúa san Lourenzo 51/53, Santiago de Compostela

★★★★ PUNTOS DE VENDA ★★★★ ► SANTIAGO DE COMPOSTELA: - Bar Avante (Cantón de San Bieito, 4) - A Reixa Tenda (Rúa do Hórreo, 46) ► VIGO: - Honky Tonk Discos (Rúa Falperra, 18) - Bar Princesa (Praza da Constitución, 5) ► A CORUÑA: - Discos Portobello (Rúa Ciega, 3) ► Tamén de maneira dixital en: https://movingtickets.com/blank_detalle/Entradas-New-York-Ska-Jazz-Ensemble-en-concierto-en-Santiago-de-Compostela