Ska All Night 2018 | Transilvanians + Elephants Yard

La Fábrica de Chocolate Club, Rúa Rogelio Abalde 22, Vigo

Polo nadal chega de novo o festival SKA ALL NIGHT.

Desta volta (oitava edición) contaremos como invitados con Elephants Yard, un proxecto comunitario integrado principalmente por músicos e cantantes locales, enfocado a composición, gravación e interpretación de ritmos reggae que farán para a ocasión un set especial de clásicos do Rocksteady.

Como non, tamén actuará a banda anfitriona Transilvanians, septeto formado na cidade de Vigo no ano 2004 con centos de concertos por toda Europa. Actualmente preparan o seu terceiro disco, e de seguro ofrecerán un vibrante directo cheo de Ska vella escola, Rocksteady & Early Reggae

Entradas a venda en: - Honky Tonk Discos (Falperra 18, Vigo) - Bar Princesa (Praza da Constitución 5, Vigo)