SKA ALL NIGHT EXPANSIVE : Les Testarudes @ Sala Supersonic (Vigo)

Sala Supersonic , Rúa Fermín Penzol 6 , Vigo

Os 💥𝙎𝙠𝙖 𝘼𝙡𝙡 𝙉𝙞𝙜𝙝𝙩 𝙀𝙭𝙥𝙖𝙣𝙨𝙞𝙫𝙚💥 xa están aquí, e traemos por primeira vez a Galiza a esta super banda catalana de Ska, Rocksteady & Reggae presentando o seu novo traballo "𝓛𝓪 𝓟𝓻𝓮𝓿𝓲𝓪". ♦️𝙇𝙚𝙨 𝙏𝙚𝙨𝙩𝙖𝙧𝙪𝙙𝙚𝙨 son nove mulleres, de entre 20 e 27 anos, que veñen de diferentes rincóns de Catalunya e que teñen como epicentro o barrio barcelonés de La Bordeta. O proxecto nace da necesidade de crear o seu propio espazo dentro de estilos tradicionalmente dominados por homes O grupo ofreceu o seu primeiro concerto en Maio do 2023 e dende entón a súa axenda de concertos non parou de medrar, ofrecendo máis dunha corentena de actuacións só en Catalunya. Cun repertorio formado por algunhas das súas cancións preferidas de artistas tanto nacionais como internacionais dentro destes xéneros, Les Testarudes queren visibilizar a imaxe da muller sobre os escenarios, así como ofrecer un espazo de aprendizaxe e coñecemento sobre as mulleres intérpretes e compositoras na cultura musical xamaicana. Ou como resumen elas mesmas, «ɴᴏᴠᴇ ᴛɪ́ᴀꜱ ᴄʜᴜʟɪ́ꜱɪᴍᴀꜱ ᴄᴏɴ ǫᴜᴇɴ ꜰᴀᴄᴇʀ ᴜɴꜱ ʙᴏꜱ ʙᴀɪʟᴏᴛᴇᴏꜱ». 📍Lembra a data; Sábado 5 de Abril en Supersonic Vigo ! 🎟️ Entradas xa a venda en Honky Tonk Discos • BAR PRINCESA • Discos Elepe • @viraventos_vigo e Musikaze.net

15/18€

Compartir