Ska All Night 2022 | Transilvanians + Jamaica Cinema

Sinatra Cóctel Bar , Rúa Fermín Penzol 6, Vigo

Tras un parón de 3 anos por causas que tod@s coñecedes, voltamos con moita ilusión e con forzas renovadas para festexar a décima edición do noso querido e pequeno festival!! Desta volta será o sábado 17 de Decembro na sala Sinatra Coctel Bar e contaremos coa presencia de Jamaica Cinema 🎞️, nova banda, pero con compoñentes curtidos en mil batallas e proxectos relacionados cos ritmos que tanto nos gustan, que veñen dende A Coruña e se adican a facer versións de temas clásicos do cine en clave xamaicana. Festa asegurada. Por outro lado Transilvanians_Oficial 🧛‍♂️🚀 por fin presentarán o seu último LP "Soulful Space" editado durante o confinamento, e volven tocar na súa cidade 3 anos despois.. veñen con moitas ganas!! Tra-lo concerto, e como é habitual, haberá pinchada en colaboración ca xente de #RubaDubCorner na Sala Kominsky e aos pratos estarán os compañeiros de Ital Roots (Vigo), David Diz (Secret Bridge, Ourense) e Kino L-Cobra (Life On Reggae Planet, Vigo), poñendo boa música ata altas horas da mañá! 🎟️ Entradas anticipadas xa disponibles en: 👉 BAR PRINCESA (Praza da Constitución 5), Honky Tonk Discos (Rúa Falperra 18) e tamén en notikumi.com

𝗔𝗙𝗢𝗥𝗢 𝗟𝗜𝗠𝗜𝗧𝗔𝗗𝗢❗