Roy Ellis backed by The Sound Doctors

Teatro Jofre , Praza de Galicia s/n, Ferrol (A Coruña)

O sábado 26 Marzo teremos de novo en Galiza ao noso queridísimo Roy Ellis [aka Mr. Symarip] acompañado polos fabulosos The Sound Doctors Desta volta, e por primeira vez, en #Ferrol !! 👉 A partir das 20:30h no Teatro Jofre 🎟️ Entrada única: 8€ ... corre que voán! 🏃‍♀️🏃🏻‍♂️💨

Entradas xa dispoñíbeis naa taquillas do mesmo teatro e na seguinte ligazón: https://entradas.ataquilla.com/.../13548--roy-ellis-aka...

ROY ELLIS, tamén coñecido como Mr. Symarip (nome da banda na que militou dende finais dos anos 60s) é un dos nomes míticos da historia da música xamaicana. A súa importancia no xénero ten o seu punto de partida na publicación do disco “Skinhead Moonstomp” no ano 1969, aquel conxunto de cancións vendeu máis de 7.000.000 de copias ata o momento, e nunca foi descatalogado polo selo Trojan Records, vendendo máis exemplares que outro calqueira título do seu catálogo, incluindo discos de Bob Marley, Jimmy Cliff, Ken Boothe ou Desmond Dekker. súa primeira gravación data do ano 1964. En 2007 regresou aos escenarios editando dende entón 9 discos en tres continentes diferentes, sendo un dos artistas xamaicanos que máis actua en directo, incluíndo paises como Xapón, México, USA, Malasia, Colombia e por suposto por todos os cantos de Europa.

Nesta xira presenta "Almighty Ska" (Liquidator Music 2019), o seu último traballo composto por doce novas cancións cheas de ritmos reggae, rocksteady, soul e ska, acompañado dunha banda de luxo composta por 7 músicos cos que percorreu xa media Europa.

8€