World Music, Jazz, Reggae e moito máis. 

Eventos anteriores

1ª Bacanal Playero-Vampírica

Sinatra Coctel Bar, Rúa Fermín Penzol 6, Vigo

Primeira Bacanal Playero-Vampírica. A festa máis divertida do verán con destacados picadiscos de música viejuna da cidade: seleccionando os seus mellores vinilos en formato 7 polgadas para que ti, xoven ousado e bailongo... rompas a pista! ✓ PROFESSOR CAVERNO ✓ KINO L-COBRA ✓ JUAN DE HANGOVER TWIST ◈ CHA-CHA ◈ CALYPSO ◈ R&B ◈ GARAGE ◈ BOOGALOO ◈ BEAT ◈ ROCK'N'ROLL ◈ MAMBO ....

Entrada libre. 🎶🧛🏻‍♂️🌴🏖️⚰️ 🍸 ⚠️ Un xeado Drácula para os primeiros 50 disfrazados ou con complementos playero-vampíricos ⚠️

Ska All Night 2018 | Transilvanians + Elephants Yard

La Fábrica de Chocolate Club, Rúa Rogelio Abalde 22, Vigo

Polo nadal chega de novo o festival SKA ALL NIGHT.

Desta volta (oitava edición) contaremos como invitados con Elephants Yard, un proxecto comunitario integrado principalmente por músicos e cantantes locales, enfocado a composición, gravación e interpretación de ritmos reggae que farán para a ocasión un set especial de clásicos do Rocksteady.

Como non, tamén actuará a banda anfitriona Transilvanians, septeto formado na cidade de Vigo no ano 2004 con centos de concertos por toda Europa. Actualmente preparan o seu terceiro disco, e de seguro ofrecerán un vibrante directo cheo de Ska vella escola, Rocksteady & Early Reggae

Entradas a venda en: - Honky Tonk Discos (Falperra 18, Vigo) - Bar Princesa (Praza da Constitución 5, Vigo)

Transilvanians + Life On Reggae Planet Sound

Aturuxo Bar, Pazos Fontenla 59, Bueu

[Circuíto clubE Estrella Galicia]

Transilvanians

Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60's, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado.

Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Recén acabaron o novo traballo de Roy Ellis como banda de estudio, e preparan novos temas propios para editar o seu terceiro LP en 2019.

Compoñentes: Xabi "Space Duke" Vieitez & Martín V. - Piano & Hammond Javier Marcos - Voz & percusión Nestor Meizoso - Baixo Antonio "Pam-Pam" Rodríguez - Trombón, voces & percusión Pedro Fariñas - Saxo & percusión Xoaquín "L Cobra" Seoane - Batería & voces Charly "Doctor C" Varela - Guitarra

https://www.youtube.com/watch?v=E0xK91ARx08

Life On Reggae Planet Sound

Life On Reggae Planet está formado por dous fanáticos e coñecidos músicos da escena de música xamaicana estatal. Rudy King (Buenos Aires 1981) e L-Cobra (Vigo, 1975) tras una amizade lonxana e colaboracións esporádicas debido a converxer nos camiños da música poñen en activo este proxecto conxunto en 2018.

Nas súas suorosas sesións seleccionan os mellores discos da súas coleccións e tamén lle dan volta aos clásicos de Rocksteady e Reggae facendo as súas propias versións. Se tes gañas de bailar viaxa con eles ao planeta reggae!

—- Entrada: 6€ ant. / 8€ bill.

Roy Ellis backed by Transilvanians

Teatro Colón, Avenida da Marina 7A, A Coruña

CONCERTO DE INAUGURACIÓN DA NOVA PROGRAMACIÓN DO TEATRO COLÓN - ENTRADA DE BALDE (previa retirada de invitación na taquilla da praza de Ourense: dispoñibles dende o martes 2 de outubro)

The New York Ska-Jazz Ensemble

Sala Malatesta, Rúa san Lourenzo 51/53, Santiago de Compostela

★★★★ PUNTOS DE VENDA ★★★★ ► SANTIAGO DE COMPOSTELA: - Bar Avante (Cantón de San Bieito, 4) - A Reixa Tenda (Rúa do Hórreo, 46) ► VIGO: - Honky Tonk Discos (Rúa Falperra, 18) - Bar Princesa (Praza da Constitución, 5) ► A CORUÑA: - Discos Portobello (Rúa Ciega, 3) ► Tamén de maneira dixital en: https://movingtickets.com/blank_detalle/Entradas-New-York-Ska-Jazz-Ensemble-en-concierto-en-Santiago-de-Compostela